Saturday 27 de April de 2024

Cambio de horario na Casa da Cultura de Fene


Coa chegada do verán, a concellería de Cultura informa do cambio de horario da Casa da Cultura de
Fene (Biblioteca Municipal, aula de estudo, Museo do Humor e sala de exposicións temporais) que
coincide, como é habitual, co comezo das vacacións escolares.

Así, dende o xoves 23 de xuño e até o vindeiro 7 de setembro, ámbolos dous inclusive, o horario da
Biblioteca Municipal Xosemaría Pérez Parallé será de luns a venres, de 10.00 a 14.15 horas.

No que respecta aos demais servizos da Casa da Cultura (Museo do Humor, sala de exposicións
temporais e aula de estudo), o comezo do horario de verán adíase até o vindeiro martes, logo da
clausura da exposición “Volta á orixe”, de Xaquín Marín, que está prevista para o luns 27 de xuño.

Neste senso, o horario destas dependencias será, dende o martes 28 de xuño até o mércores 7 de
setembro, de luns a venres, de 10.00 a 14.15 horas.
Sábados, domingos e festivos, a Casa da Cultura de Fene permanecerá pechada.

O horario habitual da instalación retomarase o xoves 8 de setembro.